10 de novembro de 2012

A Torre das Lavercas

Iniciamos esta primeira semana do mes de novembro o "Plan lector"do noso centro. Todos nós iniciamos, ou continuamos, a lectura dalgún libro.
Esta semana, despois de ter gozado da súa lectura, déixovos un pequeno encadre deste libro que tredes á vosa disposición na Biblioteca de Aula.
A Torre das Lavercas é un libro escrito por Daniel Ameixeiro -- autor ben coñecido por obras como Bonifacio foi a palacio  e Xan e Pericán, e ilustrado cunhas sinxelas e á vez acougantes ilustracións de Irene Fra.
A Torre das Lavercas era unha casa cunha grande cheminea na que vivira os primeiros anos da súa vida, Andrea -- a protagonista da historia--.
Agora trasladárase cos seus pais á cidade onde todo sería novo para ela, agás a súa vella amiga Helena.
As lembranzas da antiga casa obrígana a visitar novamente á Torre das Lavercas, na que recuperará para o seu cuarto un pequeno e inquietante espello que a axudará a deixar a nenez para convertirse nunha nova persoa, a través de diferentes situacións, ás veces ben comprometidas, que lle permitirán situarse e entender moitas cousas que antes eran verdadeiros enigmas.
Un bonito relato cheo de misterio que non se descobre ata chegar ao final.
Lectura máis que recomendable.